A Rianxeira:

 

A Virxe de Guadalupe

cando vai pola ribeira (bis)

Descalciña pola area

parece unha rianxeira. (bis)

 

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

oliñas veñen e van. 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. (bis)

 

A Virxe de Guadalupe

quen na puxo moreniña. (bis)

Foi un raiño de sol

que entrou pola ventaniña. (bis)

 

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

oliñas veñen e van. 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. (bis)

 

 

A  Virxe de Guadalupe

cando vai para Rianxo. (bis)

A barquiña que a leva

é de pau de laranxo. (bis)

 

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

oliñas veñen e van. 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. (bis)

 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. (bis)


Álbum: O sentir dunha terra

Tema: 11

Ano: 2000