Voando vou:
Voando vou lonxe da miña terra,
aquí non teño nada que che dar
só sei cantarche coa miña guitarra
é pouca cousa pra te namorar.
Voando vou a coñece-lo mundo,
nas miñas ás quérote levar,
seremos libres, libres coma o vento,
novos camiños debo percorrer.
Voando vou collido ós teus cabelos,
voando vou engedellado a ti,
voando vou polas rúas do ceo
bailar a lúa, bailemos dende aquí.
Voando vou xunto da miña pomba,
voando vou preto do meu querer,
voando vou a rente das estrelas,
os dís tristes quero os esquecer.
Voando vou cantando esta cantiga,
novas fronteiras quero derrubar,
fareime amigo das brancas gaivotas,
das anduriñas deixome guiar.
Voando vou a coñece-lo mundo,
nas miñas ás quérote levar,
seremos libres, libres coma o vento,
novos camiños debo percorrer.
Voando vou collido ós teus cabelos,
voando vou engedellado a ti,
voando vou polas rúas do ceo
bailar a lúa, bailemos dende aquí.
Voando vou xunto da miña pomba,
voando vou preto do meu querer,
voando vou a rente das estrelas,
os dís tristes quero os esquecer.
Voando vou.
Álbum: Arcadio con Nueva Ola
Tema: 3
Ano: 1994