Antón Noriega:

 

Unha ermida e unha estrela

dende Foz vendo estou,

Antón Noriega Varela

con devoción vos cantou.

 

 Andiven por Foz pasmado

vendo a paisaxe vilega

i a precurar afanado

os poemas de Noriega.

 

Preguntei por don Antón

a un veciño e a outro veciño,

latexos da súa canción,

levaba o vento mariño.

 

Levaba o vento na voz,

milagres do seu cantar.

Eu andiven todo Foz

por Noriega a preguntar.

 

Antón Noriega Varela

na montaña e na mariña

o centilar dunha estrela,

rumbo e timón á Gariña.

 

 Andiven por Foz pasmado

vendo a paisaxe vilega

i a precurar afanado

os poemas de Noriega.

 

Preguntei por don Antón

a un veciño e a outro veciño,

latexos da súa canción,

levaba o vento mariño.

 

Levaba o vento na voz,

milagres do seu cantar.

Eu andiven todo Foz

por Noriega a preguntar.

 

Preguntei por don Antón

a un veciño e a outro veciño,

latexos da súa canción,

levaba o vento mariño. (bis)


Álbum: Sen seu amor

Ano:: 2012