Arcadio Mon García, músico e compositor, naceu no 1949 en Bacoi (Alfoz), no seo dunha familia de intérpretes, a música sempre foi a súa gran paixón, a súa vocación e a súa profesión. Finou en Foz o 27 de abril do ano 2016.
Arcadio Mon formouse músicalmene na Coruña, tocou en numerosas orquestras (Los Españoles, Los Mejoranos, Ciudad de Lugo, Nueva Ola,...), fundou a Escola de Música de Foz e dirixiuna durante anos. Do seu espírito emprendedor tamén naceu a Banda de Música de Foz. Do mesmo xeito que durante o resto da súa vida, nos últimos anos cooperou e participou en numerosas iniciativas musicais. Entre as últimas, homenaxes que Foz rendeu en marzo ao poeta Manuel María.
LPs en galego:
Cantar e bailar (1988)
Arcadio con Nueva Ola (1994)
Arcadio con Nueva Ola (1996)
Sen seu amor
(2012)
Letras e cancións:
Antón Noriega
Sen seu amor
Amigo cubano
Voando vou