Vamos bebendo:

 

Teño tres pitas brancas 

e un galo negro, 

que han de poñer bos ovos, 

andando o tempo. 

I hei de vendelos caros 

polo Xaneiro, 

i hei de xunta-los cartos 

para un mantelo, 

i heino de levar posto 

no casamento, 

i hei... 

 

Pois mira, Marica, 

vai por un neto, 

que antramentas non quitas 

eses cerellos, 

i as pitas van medrando 

co galo negro, 

para poñe-los ovos, 

e todo aquelo 

do Xaneiro, dos cartos, 

i o casamento, 

miña prenda da ialma, 

¡vamos bebendo!