Rosa:
Unha rosa escondida,
unha rosa non me di nada,
Unha rosa escondida
que no meu peto se agocha. (bis)
Rosa non ten espiñas
cos beizos cos que ela fala
cos que me di que me di
que está de min namorada.
Teño unha rosa, teño unha rosa,
teño unha rosa i unha rosa. (bis)
Unha rosa escondida
no fondo da miña alma,
a súa man me acariña,
co seu sorriso me calma.