O home do saco:

 

O home do saco vivía no monte

e só tiña un ollo no medio da fronte.

Durmía de día deitado no chan,

de noite saía co saco na man.

 

O home do saco no monte escoitaba

a ver se no pobo un neno choraba.

 

E cando sentía a un neno chorar

bailáballe un ollo a todo bailar. (x3)

 

 

(bis)

 

O home do saco lévaba un meniño

que era de veras maliño, maliño.

 

Baixaba do monte co saco grandón,

petaba nas portas, pom pom e pom pom. (bis)


Álbum: O año Pitaño

Tema: 5

Ano: 2012