Nordesía:

 

"Disque a resposta, amigo, está no vento.

Non hai vento, non hai resposta".

 

O teu vento canta o meu asubía.

O vento deus que ruído metía,

si que vén  do norte e nordesía.

Cara contra o vento,

o ruido que se desvía.

 

"Era unha illa flotante

que mareaba todos os ventos.

Os ventos vivían quietos

dentro do mapa feliz desa illa que flotaba."

"Como aire na cabeza,

como aire na cabeza"

"Pero cando se inventou o compás

e o norte magnético a illa flotante

quedou quieta naufragando nun spray

e o vento que se fugou decidiu ser nordesía".

 

Ai, vento rumba!;  ai, vento mambo!

Vai vento norte!, vén a nordesía!.

 

"Gramática do vento:"

"O vento é cego porque é incoloro,

pero non necesitamos saber a cor das cousas

pra saber que son cousas.

 

O vento é invisible

porque serve pra empuxar as cousas

contra os ollos e medir a distancia entre

as cousas e a mirada.

 

O vento só pode ser sonoro

porque fabrica voz e transporta

o eco das palabras rebotadas.

O vento non reduce as rocas,

limítase a esquivalas.

O vento non cambia de lugar

ás dunas do deserto,

limítase a moldealas.

 

Quen puidera abraza-lo vento!"

 

O teu vento canta o meu asubía.

O vento deus que ruído metía,

si que vén  do norte e nordesía.

Cara contra o vento,

o ruido que se desvía.

 

"Contra a marea da nordesía naval

zoa o vento da poesía eólica

de Manuel Antonio.:"

 

"Pra escoitar convosco a paisaxe e escoitar a súa queixa.

Pra facer vento nos ollos multicopista.

Pra facer vento no revés dos ollos do arquitecto 

e os astrónomos que disparan telescopios.

Pra facer vento nas tatexantes polas insumidas.

Pra facer vento contra o vento da bandeira dos vencedores.

Pra facer vento de farrapos de vento.

Pra facer vento xogando ás catro esquinas.

Pra facer vento inconsciente.

Pra facer vento e non saber por que chove.

Pra facer vento vento na cidade subxectiva.

Pra facer vento fuxitivo perseguindo.

Pra facer vento ó pensamento.

Pra facer vento volvendo dos naufráxios.

Pra virar as follas das emocións.

Pra facer vento que perde as follas do seu cartafol.

Pra facer vento  ermadegolo  das follas evadidas

do almanaque dos soños.

Follas desertoras, vento que se pode roubar.

Pra facer vento no que se gravan as palabras.

Pra facer vento na vela errante.

Pra facer vento que vén de volta de botar

un afogado na costa cando a noite peche

tódalas portas xa non virá outro"

 

Ai, vento rumba!;  ai, vento mambo!

Vai vento norte!, vén a nordesía!.

 

"Instrucións para mastigar o vento:"

"Que o vento se convita en limpaparabrisas,

vento perplexo, aire desconcertado.

Vento fan en mangas de camisa.

Vento de átomos confusos.

Vento que trae mariscos pensativos.

Vento que esperan os cans pensativos.

Vento co que secan.

Vento que se fai en paparabrisas

e fabrica homes mitades.

Vento que pregunta o cantante da verbena."

 

¿Quién puso en tu linaje  la vida errante del afilador?

 

"Vento que non vén exactamente do norte magnético.

Vento que desexa o temporal pra desexa-la calma,

provoca-lo temporal, construi-la calma."

 

"Nordesía"


Álbum: Escarnio

Tema: 10

Ano: 1999