antonio otero


Antonio Otero comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Lugo, a súa cidade natal, onde adquire o título de profesor de saxofón. Continúa os seus estudos no Seminario Permanente de Saxofón de Pontevedra onde recibe clases de Andrés Gomis e Pablo Coello e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra con Abe Rábade e Paco Charlín. Finalmente, obtivo a súa licenciatura de Jazz polo Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Antonio Otero Quartet é unha banda formada por Toño Otero (voz e saxo tenor), Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Max Gómez (batería).



Cancións e letras:

Infant eyes

In the land of Apartheid

Thieves in the temple