Andrés Gaos Berea, nado na Coruña o 31 de marzo de 1874 e finado en Mar del Plata o 13 de marzo de 1959, foi un compositor e violinista galego.
Amosou aptitudes musicais xa aos dez anos ao gañar un premio como violinista. En 1884 ingresou nun Centro Musical da Coruña. Posteriormente conseguiu unha bolsa da Deputación e trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos no Conservatorio. En 1888 volveu á Coruña e conseguiu máis bolsas para realizar estudos en París e Bruxelas. En 1895 viaxou a América e dedicouse a dar clases de música en Buenos Aires e Montevideo. En 1896 casou coa cantante América Montenegro, coa que tivo cinco fillos, e fixaron a súa residencia principal en Buenos Aires, pero establecéndose durante períodos moi prolongados -ás veces de anos- en Francia por razóns das súas xiras de concertos. En 1917 divorciáronse e Andrés casou con rapaza Luisa Guillochon (alumna súa), coa que tivo tres fillos.
LPs:
Amor vedado
(2010)
Letras e música:
Rosa de abril
Romanza
Impresión nocturna
Nas montanhas da Galiza
Unha noite na Alhambra
1º mov. op. 37
2º mov. op. 37
3º mov. op. 37