Rapaciña:
Nunha pequena vila, atopei un día,
o corazón novo, corazón novo dunha rapaciña.
Tiña quince anos, chamábanlle Maria,
tiña a ialma chea de soños e ledicias.
Vina no traballo
sempre chea de vida,
vina medrar co tempo,
Tamén co tempo
vin como se perdía.
Rapaciña nova ruxe de frescura
espranza da vida da vida futura
despertar de muller que fuxe da neneza,
garda bos costumes ponte da xebreza.
Rapaciña non, non ,non, non,
te perdas. (Bis)
Chorei a miña perda,
chorei porque a queria
chorei porque era boa
tamén chorei porque ela, foi miña.
Nunha pequena vila, atopei un día,
o corazón novo corazón novo dunha rapaciña.
Rapaciña nova ruxe de frescura
espranza da vida da vida futura
despertar de muller que fuxe da neneza,
garda vos costumes ponte da xebreza.
Rapaciña non, non ,non, non
te perdas (Bis)
Single: Andrés do Barro-Corpiño xeitoso
Cara: B
Ano: 1970