Pra che falar de amor:

 

Pra che falar de amor, pra che adorar

pra te sentir en mi pertiña

e cas túas mas nas miñas

e bicarte coma o ceo bica o mar.

 

Pra te querer, meu ben, pra te decir

o moito ledo que me fas.

Xa sei cando na noite

eu chego xunto a ti.

 

O amor non importa, só que din,

pra toda a xente o amor morreu.

Eu xa o vin, entón eu vou facer desta canción

que sexa somentes pra ti.

O amor pra parvos xa ficou

pero che quero e logo sei que parvo son,

entón eu vou morrer co meu amor

levándote pertiña do meu cor.

 

Pra te querer, meu ben, pra te decir

o moito ledo que me fas.

Xa sei cando na noite

eu chego xunto a ti.

 

Pra che falar de amor, pra che adorar

pra te sentir en mi pertiña

e cas túas mas nas miñas

e bicarte coma o ceo bica o mar.

         

O amor non importa, só que din,

pra toda a xente o amor morreu.

Eu xa o vin, entón eu vou facer desta canción

que sexa somentes pra ti.

O amor pra parvos xa ficou

pero che quero e logo sei que parvo son,

entón eu vou morrer co meu amor

levándote pertiña do meu cor.


Álbum:  Me llamo Andrés Lapique do Barro

Tema: 8

Ano: 1970