O Tren:

 

O tren que me leva pola beira do Miño,

me leva e me leva polo meu camiño.

O tren vai andando pasiño a pasiño

e vaime levando cara o meu destiño.

 

Alguén pode ser que me espere na estación

na terra da felicidá.

Todo o que sexa amor e paz o atoparei,

eu o terei coa miña moza no meu lar.

 

O tren que me leva, camiña e camiña

vai botando fume, corre pola vía.

O río vai feito un mar de ledicias

no tren pouco a pouco, volto á miña Galicia.

Pasei moito tempo sen lar,  lonxe de ti,

foron mil noites cheas de soidá.

 

Falando ca xente polas mañás

escoitarei e saberei

o que pasou polo meu lar..

 

O tren que me leva pola beira do Miño,

me leva e me leva polo meu camiño.

O tren vai andando pasiño a pasiño

e vaime levando cara o meu destiño,

 

Alguén pode ser que me espere na estación

na terra da felicidá.

Todo o que sexa amor e paz o atoparei,

eu o terei coa miña moza no meu lar.

Álbum: Me llamo Andrés Lapique do Barro

Tema: 1

Ano: 1970


Single: Andrés do Barro- O tren

Cara: A

Ano: 1969