Miña Maruxa:

 

Cando ti me deixaches

o meu cor deprendeu a morir.

Valdeiro eu fiquei por tantas cousas

que na vida che din.

 

Xa o ves estou morrendo de amor,

non podo vivir sin ti.

Xa o ves eu teño soño meu ben 

que un dia ti voltes, ti voltes a min.

 

Miña Maruxa, miña Maruxiña

ti es como as noites dun claro luar.

Miña Maruxa, miña Maruxiña 

chea de estrelas pola rúa vas.  (bis)

 

Nas noites fico soio

e ven a min a luz que entra das prazas.

Levando nos meus ollos a túa imaxe

cas miñas lembranzas.

 

Xa o ves estou morrendo de amor,

non podo vivir sin ti.

Xa o ves eu teño soño meu ben 

que un dia ti voltes, ti voltes a min.

 

Miña Maruxa, miña Maruxiña

ti es como as noites dun claro luar.

Miña Maruxa, miña Marusiña 

chea de estrelas pola rúa vas.  (bis)

Álbum: Andrés do Barro

Tema: 5

Ano: 1975


Single: Andrés do Barro-O tren

Cara: B

Ano: 1969