Meu amor:

 

Meu amor, onte, fuxiches lonxe do meu lar, fuxiches máis lonxe, do que prá min e posíbel de ir, e eu fiquei soio, estou triste meu amor, eiqui, agarimado pola noite que non quixo marhar hoxe, e que tantas veces arrincou os nosos soños, sei que ás 7 ou ás 6 da mañá vaise marchar tamén, e ninguén entenderá a saudade do meu sentimento.

 

Meu amor te levo na ialma,morando ti vas en min pois lonxe xa de ti non quero máis vivir as miñas cancións.

 

Miñas canciós, que serán como o vento que che levou naquela tarde, fria, non, mentres a morriña iva achando o meu corazón e a  cor, si.

 

Sei que no meu amor eu  fico tan triste e só por que hei pensar que ninguén vai lembrar o que ti es prá min, o corpo que me deu, ficou xa na praia, o corpo que eu amei ficou xa na area, e agora xa non sei onde fica ela, lonxe de min ououou meu amor.

 

Teño unha guitarra nas miñas mans, as mesmas mans que agora deberian estar pregando por ti adeus, e por iso sentín moito, moito.

 

Moito, moito, moito, deitado na area… no tempo de amor, vai ser o tenro acontecer do que ti es prá min… o corpo que me deu, ficou xa na praia, o corpo que eu amei ficou xa na area, e agora xa non sei onde fica ela, lonxe de min uououo meu amor.

 

O amencer vai chegando e fai moito frio eiqui na praia, a xeada da mañá pegouse ó meu corpo, a miña entraña, e todo fica mollado, non sei si é da xeada ou das bágoas que van rolando polo meu rostro, no ceo, farei a nosa casa, cas miñas mans,e co noso amor, e non ter que escoitar critica algunha, das cousas que se fan con amor.


Álbum: ¡Pum!

Tema: 4

Ano: 1971


Singles: Andrés do Barro-Meu amor

Cara: A

Ano: 1971