Corpiño xeitoso:

 

Que muller máis xeitosa

que eu atopei!,(que encontrei!).

Que doces foron as verbas

que eu, lle escoitei!.(que lle escoitei!)

 

Ela ficaba na praia deitada na area

Cos meus ollos abertos eu ollei prá ela.

Eu lle díxen: ven!

E me dixo: que?.

 

Déixame verche o corpo dourado

polo sol primeiro do mes de abril.

Ergue as túas mans ata que cheguen ó ceo.

Colle as estrelas, foron feitas prá ti.

 

Teu corpo xeitoso indo sobre a area.

O teu movemento e coma as ondas do mar.

O teu doce balance como o vento che leva.

Teu corpo xeitoso quer botarse a voar.

 

Lai laralala, laralala,laralala (bis)

La la la la la la la la.

 

Que feitura levaba no seu camiñar. (no seu camiñar)

Confundín o seu paso co meu palpitar. (co meu palpitar)

Cando ela chamoume fun a súa beira.

Abondaba o seu corpo pra ve-la primavera.

Eu lle díxen: ven!

E me dixo: que?.

 

Déixame verche o corpo dourado

polo sol primeiro do mes de abril.

Ergue as túas mans ata que cheguen ó ceo.

Colle as estrelas, foron feitas prá ti.

 

Teu corpo xeitoso indo sobre a area.

O teu movemento e coma as ondas do mar.

O teu doce balance como o vento che leva.

Teu corpo xeitoso quer botarse a voar.

 

Lai laralala, laralala,laralala

Lai laralala, laralala,laralala

 

La la la la la la la la


Álbum: Me llamo Andrés Lapique do Barro

Tema: 2

Ano: 1970


Single: Andrés do Barro-Corpiño xeitoso

Cara: A

Ano: 1970