Con máis amor:
Tanto tempo te amei
xa na vida non hai ninguén.
A quen podo querer
como te quero, xa o sei.
Aínda podo lembrar
teus olliños mollados meus,
as túas bágoas que quixen eu
gardar no meu corazón.
Sen nada pra alumar
fun ollando pra o mundo meu,
mais en valde trataba eu
de pensar no teu amor.
Que non pode ser,
non pode ser agora
que ela fique soia
pois a neniña chora. (bis)
E despois ao voltar
decateime cos bicos tolos.
Tiña forza pra amar
e eu quixen que foran novos.
Xa o tempo pasou,
o noso froito de amor vai ser
un filliño que imos ter
e que levas en ti.
E que tes máis querer
pois xa logo imos ser dous
os que tes que querer amor.
A nosa vida empezou.
Que non pode ser,
non pode ser agora
que ela fique soia
pois a neniña chora. (bis)
Que non pode ser,
non pode ser agora
que ela fique soia
pois a neniña chora. (bis)
Single: Andrés do Barro- San Antón
Cara: B
Ano: 1971