Amor D.F.:
Rapaza que estás tan triste,
tan soiña no teu lar.
Si choras porque te quedas
eu chorei por emigrar.
Eu quero contarlle ó vento
o meu lamento, o meu penar.
E o meu amor viaxeiro
o vento cho vai levar.
Quero que veñas
e que me teñas
e que me fales
no meu falar.
Quero que veñas
e que me teñas
e que me cantes
no meu cantar. (bis)
Lembranza dos nosos templos
dos meus ríos, do meu lar,
os días de romeiría,
das fogueiras de San Xoán.
Do teu camiñar pra ponte
do meu monte, do fogar
de noites de lúa clara
dos teus ollos, da túas máns.
Quero que veñas
e que me teñas
e que me fales
no meu falar.
Quero que veñas
e que me teñas
e que me cantes
no meu cantar. (bis)
Cántolle a miña terra
que non a podo esquecer,
galego na miña ialma,
non a deixo de querer.
Que alá deixei os amigos,
deixei terra, deixei lar.
Deixei unha rapaciña
quen ma vai facer voltar.
Quero que veñas
e que me teñas
e que me fales
no meu falar.
Quero que veñas
e que me teñas
e que me cantes
no meu cantar. (bis)
Single: Andres do Barro- Amor D.F.
Cara: A
Ano: 1972