Galicia esquencida:

 

Galicia é unha terra

que sempre foi mal mirada

por todos os que poideron

sempre estivo marxinada.

Por este e outros motivos

é unha terra emigrante,

temos que deixa-la patria

pra ir polo mundo adiante,

temos que deixa-la patria

pra ir polo mundo adiante.

 

Galicia esquencida

de tódolos tempos

sempre asoballada

polos mandamais.

Estamos moi lonxe

da nosa terriña,

dos nosos paisanos,

dos fillos e pais.

 

Pola xente que morreu

lonxe da terra querida

por tódalas inxusticias

non debe ser esquencida,

por tódalas inxusticias

non debe ser esquencida.

 

Polas familias que levan

anos fóra do fogar

pra que tódolos galegos

non teñamos que emigrar,

pra que tódolos galegos

non teñamos que emigrar.

 

Galicia esquencida

de tódolos tempos

sempre asoballada

polos mandamais.

Estamos moi lonxe

da nosa terriña,

dos nosos paisanos,

dos fillos e pais. (bis)

 


Álbum: A miña aldea

Tema: 9

Ano: 1979