Galicia ceibe:

 

Galicia, nai e señora

sempre estivo marxinada (bis)

por culpa do caciquismo

sempre foi asoballada.

 

Espallados polo mundo

están os nosos paisanos (bis)

podendo vivir na terra

levan fóra moitos anos.

 

Ai, Galicia ceibe, Galicia querida,

foron moitos anos sin poder falar.

Arriba galegos, xúntemonos todos

porque sempre xuntos podemos loitar.

 

Aínda queda algún cacique 

por esas terras enxebres. (bis)

Por unha Galicia ceibe

temos que acabar con eles.

 

Non deixemos que norsrouben

loitemos todos agora. (bis)

Por unha Galicia xusta,

por unha Galicia nova.

 

Ai, Galicia ceibe, Galicia querida,

foron moitos anos sin poder falar.

Arriba galegos, xúntemonos todos

porque sempre xuntos podemos loitar.

Álbum: A miña aldea

Tema: 2

Ano: 1979