Fálalle galego:
Nunca esquencerei
a voz de miña nai
falándome de nena.
Sempre amor me dou,
sempre me falou
na lingua galega.
Por eso non entendo algunha nai
negándolle a súa lingua ó seu rapaz.
Fálalle galego,
fálalle muller
cando está no berce
i escoitarte quer.
Fálalle galego
que el quere escoitar
a fala melosa
do pai e da nai.
Gracias miña nai
por falarme así
na lingua galega.
Gracias eu che dou
por me transmitir
esa fala meiga.
A fala coa que eu digo a toda nai
si é galega e quere ó seu rapaz.
Fálalle galego,
fálalle muller
cando está no berce
i escoitarte quer.
Fálalle galego
que el quere escoitar
a fala melosa
do pai e da nai.
larararara, larararara, larararara (bis)
Álbum: De vacacións
Tema: 7
Ano: 1985