Costa da morte:

 

Foi no mil oitocentos noventa

cando en negra noite,

con gran temporal

un cruceiro que viña do norde

na costa galega foi embarrancar.

Era a noite do dez de novembro

ó mando do Serpent iba Mr Ross

e a tres millas do Cabo Vilaño

foi dar contra ás pedras

nos Baixos do Boi.

 

En Camariñas aínda hoxe lémbrase ben

o que na costa aquela noite aconteceu.

Pobres mariños do barco inglés.

Cento setenta e tres  homes perderon a vida,

salvándose tres.

Esta foi a gran traxédia

que nunca na vida eu esquencerei.

 

Foron tantos os que alí afogaron

que houbo que enterralos na beira do mar.

onde o resto daquel cemiterio 

son hoxe testigos do noso cantar.

 

 Inglaterra visteuse de loito

ó saber que o Serpent alí embarrancou,

e pra sempre esta costa galega

de Costa da Morte o nome quedou.

 

En Camariñas aínda hoxe lémbrase ben

o que na costa aquela noite aconteceu.

Pobres mariños do barco inglés.

Cento setenta e tres  homes perderon a vida,

salvándose tres.

Esta foi a gran traxédia

que nunca na vida eu esquencerei.

Álbum: Miña Galicia

Tema: 7

Ano: 1984