Arrastráche-lo cu polas pallas:
Casadiña de tres días,
xa levaches unha tunda. (bis)
Se cho saben as solteiras
xa non se casa ningunha. (bis)
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan
e molláche-la berberechiña
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán.
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan.
Miña nai e máis meu pai
quedan na casa dormindo, (bis)
non sei que lle fai meu pai
que ela quedábase rindo. (bis)
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan
e molláche-la berberechiña
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán.
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan.
A muller de meu irmán
está bailando na eira, (bis)
meu irmán está mirando
como a muller se peneira. (bis)
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan
e molláche-la berberechiña
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán.
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan.
Unha vella se comeu
cento e medio de sardiñas, (bis)
e todiña a noite andivo
quitando todo coas espiñas. (bis)
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan
e molláche-la berberechiña
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán,
que a tiñas sequiña do vrán.
Arrastráche-lo cu polas pallas
e fixéche-la cama no chan.
Álbum: Arrastráche-lo cu polas pallas
Tema: 1
Ano: 1989