A rianxeira:

 

A virxen de Guadalupe

cando vai pola ribeira (bis)

Descalciña pola area

parece unha rianxeira. (bis)

 

Oliñas veñen, oliñas veñen,

oliñas veñen e van. 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. (bis)

 

 

Virxiña de Guadalupe

quen te puxo moreniña. (bis)

Foi un raiño de sol

que entrou pola ventaniña. (bis)

 

Oliñas veñen, oliñas veñen,

oliñas veñen e van. 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. (bis)

 

Non te vaias rianxeira

que te vas a marear. 

 


Álbum: Galicia terra meiga

Tema: 7

Ano: 1973


Single: Ana Kiro-A rianxeira

Cara: A

Ano: 1975