A miña aldea:

 

Vouche contar que nacín

nunha aldeiña galega

catro casas e a parroquia,

unha fonte, catro leiras.

 

No camiño de Santiago

e no concello de Arzúa

rodeada de piñeiros

arrolados pola lúa.

 

Chorei por primeira vez

nunha casiña pequena.

Chorei por primeira vez

e abrín os ollos á vida

moi contenta de alí nacer,

e abrín os ollos á vida

moi contenta de alí nacer.

 

Gústame cartarlle leda,

gústame ser de Galicia.

Gústame cartarlle leda,

pero o que máis me gusta

é ser de aquí da Castañeda,

pero o que máis me gusta

é ser de aquí da Castañeda.

 

 A miña aldea ten río,

ten prados e carballeira,

castaños, millo, centeo 

e un ceo cheíño de estrelas.

E unha Virxe moi branquiña,

pequeniña e feiticeira

á que lle rezamos todos

por nós e pola facenda. 

 

Chorei por primeira vez

nunha casiña pequena.

Chorei por primeira vez

e abrín os ollos á vida

moi contenta de alí nacer,

e abrín os ollos á vida

moi contenta de alí nacer.

 

Gústame cartarlle leda,

gústame ser de Galicia.

Gústame cartarlle leda,

pero o que máis me gusta

é ser de aquí da Castañeda,

pero o que máis me gusta

é ser de aquí da Castañeda.


Álbum: Ana Kiro-A MIña aldea

Tema: 1

Ano: 1979


Single: Ana Kiro-A miña aldea

Cara: A

Ano: 1978