A mañanciña:
Vou camiñando coas miñas cantigas.
Vou coñecendo a toda a miña xente.
E vou sabendo das súas fatigas,
grandes problemas que non esquencen.
Vou percorrendo lonxanos paraxes
e vou cantando cantigas amorosas.
Eu quero ver a xentiña alegre,
quero cantarlle cousas fermosas.
Tamén desexo que se esquenzan dos pesares
e que disfruten do máis grande desta vida.
Por eso canto, por eso digo
e a todos pido: canten comigo!
Imos a deixar as nosas penas
que esta vida hai que vivila.
E a dor que levamos nas veas
esquencela máis axiña.
Canta sempre as túas verbas ó vento
e non chores galeguiña.
Xa verás que despois de chover sae o sol.
Tras da noite chega a mañanciña.
Eu vou cantando por toda Galicia
eses problemas que temos os galegos,
e vou dicíndolles con cantigas
que imos loitar para resolvelos.
Vou percorrendo pequenas aldeas
cunha equipaxe cargada de desexos.
E quero ver sempre ese sorriso
nos nosos ollos e os nosos beizos.
E se loitamos coa bandeira da esperanza,
co corpo ergueito e arrimando ben as costas.,
estou segura que a nosa terra
irá pra diant, Galicia enteira.
Imos a deixar as nosas penas
que esta vida hai que vivila.
E a dor que levamos nas veas
esquencela máis axiña.
Canta sempre as túas verbas ó vento
e non chores galeguiña.
Xa verás que despois de chover sae o sol.
Tras da noite chega a mañanciña. (bis)
Álbum: Son de Galicia-La voz de Galicia nº7
Tema: 9
Ano: 2002