Amesmalúa é unha banda de músicos de distintas orixes que propón unha viaxe de encontros, unha maridaxe de memoria e paixón entre o flamenco e a canción popular galega, unha aposta polas músicas improvisadas con raíces no folclore. Amesmalúa ten temas propios, e tamén coplas populares, cantigas e adaptacións, sempre coa súa pegada e o seu carácter aberto, mestizo e creador. Voces acompañadas polo inconfundible son dunha excepcional guitarra flamenca e uns ventos prodixiosos, sempre con espazos para a improvisación entre acentos flamencos, jazzísticos e percusión étnica. A un paso da picaresca e a outro da melancolía, entre o xesto cómplice e festivo e o misterio de fábulas e lendas.
LPs en galego:
La misma luna
(2013)
Cancións e letras:
Lela
Miña nai
O verde gaio
Como o vento
Amesmalúa