Xuntei o vento frío coa auganeve:
Xuntéi o vento coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.
Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.
Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.
Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasóu tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.
Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.
Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas máus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo.
Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofranda nun pesebre.
Quen foi o que roubóu o meu presente?