Quen non xime?:

 

Luz e progreso en todas partes..., pero

as dudas nos corazós,

e bágoas que un non sabe por que corren,

e dores que un non sabe por que son.

 

Outro cantar, din, cansados

deste estribillo, os que chegando van

nunha nova fornada, e que andan cegos

buscando, buscando o que inda non hai. 

 

Triste é o cantar que cantamos,

mais, que facer si outro mellor non hai?

Moita luz deslumbra os ollos,

causa inquietude o moito desear.

Cando unha peste arrebata

homes tras homes, non hai máis

que enterrar de presa os mortos,

baixa-la frente, e esperar

que pasen as correntes apestadas...

Que pasen..., que outras virán!

 

Triste é o cantar que cantamos (x10)

 

 

Mais que facer si outro millor non hai.


Álbum: Rosalía de Castro

Tema: 9

Ano: 1975