O Tojo Prende:
Arriba pandeiro roto, abaixo manta mollada
se non nos queixamos nós, os de arriba non fan nada
costureiriña bonita, dame unha agulla de ferro.
para darlle unha puntada ao capitán que non quero
O río cando vai cheio leva carvallos e follas
tamén podia levare a esa xente pota toda
non podo cantar que morro, non podo cantar que morro
aí veñen os capadores, apropriaranse de tudo
Eu pasei por monte Pio tive que pasar correndo
que polas xanelas tiran caldeiros de auga fervendo
miudiño miudiño van acabando con tudo
é un favor que nos fan, bótannos a culpa ao pobo.
Arriba pola portela miña prenda resalada
demos graças meus señores, os direitos non son nada
Esta vai por despedida, esta vai por derradeira
como non fagamos nada lévannos a vida inteira
Álbum: E isto é amor
Tema: 9
Ano: 2016