alonso caxade


Alonso Caxade é mestre em educación musical, infantil e primaria con Prémio Fin de Carreira. Estudou o pós-graduado de Especialización en Música Tradicional Galega na USC e acordeón  no Conservatorio de Pontevedra. A parte de tocar en diferentes grupos (na actualidade: Cuarteto Caramuxo, Orquestra Os Modernos ou PELdeNOZ) ten tamén o seu proxecto persoal: CAXADE Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Premio Maria Casares á Mellor Música Orixinal cun Cuarteto Caramuxo por "Vento Mareiro" de Avelino González. Nominado aos Mestre Mateo polo vídeo de CAXADE Gente Pota. Nominado aos Premios Opinión á Mellor Artista e Mellor Disco. Gañador do "Certame Música Xove'13"



LPs en galego:

A Dança dos Moscas (2013)

A Dança dos Moscas ao Vivo  (2014)

E isto é o amor (2016)



Letras e Cancións:

 

E isto é amor           

Sr. Xorda

Gente Pota

Démos Graças


Dança dos Moscas

Afiador da realidade

Foliom da rebeliom

Lei d´Hondt


Botín

Capadores de extraterrestres

Nomeando perdidos

Colesterol


Independence Day

Sanduicheira

Aparafusador

O tojo prende


Nábia

O Homem Bala