Noite de lúa:

 

Poñen os raios da lúa

rachóns de groria no ceo,

vidros de espello no río,

velos de prata no chan,

e o reiseñor no loureiro

debulla doces cantigas

ás que responden na praia

brandos arrolos do mar.

Tódalas herbiñas locen

unha pingota de orballo,

en tódalas frores brilan

coroas de craridá.

 

Estrelas, árbores, fonte,

paxaros, ventos e areas…

¡todo na noite alunada

fala das vidas-irmáns! (bis)

 

 (...)