Aires do meu lugar:

 

Airiños da miña terra

airiños do meu lugar,

airiños, airiños,aires,

aires vinde me buscar.

 

Agora que eu me hei de ir

as pedriñas chorarán,

chorai pedriñas a noite

que eu me vou pola mañán.

 

Canta, canta, paxariño,

tamen de mozo cantei:

 

inda a cantar empeza,

desque cantar acabei. (bis)

 

Adiós rios, adiós fontes,

adiós aguas de beber;

 

adiós casa dos meus pais,

Cando a volverei a ver? (bis)

 

Airiños da miña terra

airiños do meu lugar,

 

airiños, airiños,aires,

aires vinde me buscar. (bis)