Pianista especializado no repertorio de compositores galegos, realizou estudios de acompañamento vocal en Madrid co lexendario Miguel Zanetti. A súa ampla traxectoria levouno á realización de numerosos recitáis, destacando a estrea de obras de Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Eligio Vila, Juan Durán, Margarita Viso, Luis Carro, Octavio Vázquez, Juan Eiras, Xavier Comensanha, María Mendoza ou Paulino Pereiro.
Dos seus traballos discográficos destacan o triplo CD “Antoloxía de Compositores Galegos” (Ouvirmos, 2013), xunto ao clarinetista Asterio Leiva; os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó, “Virtuosimo Barroco” (2011), “Fantasy Trumpet” (2012) e “Trumpet Comtemporary” (2013), producidos en Portugal por Jose Lourenço; “Mélodies”, xunto á mezzosoprano Iria Cuevas, gravado no Estudio Mans; “Cantos que veñen de lonxe” (2014), poemas de Neira Vilas musicados por Xervasio Vázquez coa voz de Cesáreo Torres e por último, “Evocación” (Dos Acordes, 2016), obra para piano de Reveriano Soutullo.
LPs en galego:
Antoloxía dos Compositores Galegos (2011)
Evocación. Reveriano Soutullo (2016)
Cancións e letras:
Pasodobre de Ponteareas
Mazurka
Polka
Romanzas sen palabras