Voa soa:
E o vento zoa, e o tempo voa
no ceo troa, o clima aboa, non quedo soa
se a corda toa, a nota soa
afeita a vivir á toa, non hai ren que me doa Sego na mesma zoa, chegando ben aloa
u-lo sentir de noso que endexamais se amoa? a miña verba é rixa como unha podoa
e cada verba é rixa, e esa si que é boa
eu non me dobro meu, son todo unha baroa tenho cenmil cancións e cada unha me loa
e sempre sego coa, de ser algo máis boa escrevo cada dia, iso me fai persoa
Escuitas ese boom, sabes que é cousa boa
e bates coa cabeza iso é porque te soa
deixa que o son te toque, este son que se entoa este son que te quece, este son que te ensoa
Som verbas que fuxen no ar
unhas que berran e outras que non queren soar e a imaginación é a que quere voar
e soa voa, e voa voa soa
Irei alén se fico soa, a agulla do reloxo voa o tempo non perdoa, xa
a luz do cuarto aluma coma na eoa
e ainda que o dia medre, esta canción anoa será que agora as horas se amontoan
que o palpexar da agulla dos segundos non perdoa e ti perdoa, alanza a noite toda
e fico soa soa, soa soa soa
A cidade é incolora,
e para ouvir meu eu preciso desta faloa
estou de noraboa, e inspirar me inspiro, soa mirando aí fora, ollando ese cor cardoa
Son bágoas de suor con ese ton baio
e non me raio, son coma gotas de orballo
deixo a consciencia núa sobre esta folla
pra que quen me oa, xa non hai chaga que me doa
Som verbas que fuxen no ar
unhas que berran e outras que nom querem soar e a imaginación é a que quere voar
e soa voa, e voa voa soa
Álbum: Hacer lo que quiero
Tema: 8
Ano: 2013