Os muiños:

 

As mos eléctricas da vila 

asoballaron a fol aldean 

pero o muíño da canle enxoita 

moe, moe cantares pra o noso pan 

Unha noite no muíño, 

a lúa furou as tellas 

e o silencio vai nomeando 

tódalas súas noivas vellas. 

A estrela da canle enxoita 

dorme na adoa que escintila 

bágoas de horas, xa teñen mozas e cantares 

as mos eléctricas da vila. 

O émbolo fecha coma unha batuta 

ao compás dos poemas de novos manuaes 

o muíño da aldea comporános un prólogo 

pros leutores sentimentaes. 

E calquer día as nosas bibriotecas 

indixestadas de velocidade emigrarán 

á beira do río aldeán 

onde o muíño da canle enxoita 

volva moer cantares pro noso pan. 

Querer que non emigren e matalas e, 

Querer que non emigren e matalas e, 

Querer que non emigren e matalas e, 

o mesmo ven a ter.


Álbum: Rapoemas-Aid

Tema: 5

Ano: 2012