Adiós Ríos:
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,
paxariños piadores, casiña do meu contento,
muíño dos castañares, noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo, ¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento! Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin
Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quen pudera non deixar!
mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña,
que hasta lle dan de prestado a beira por que camiña
ó que naceu desdichado, téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar,
hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar
arboriños que prantei, fontiña do cabañar.
Adiós, ríos, adios fontes, adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos
miña terra, terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei
Adios, adios, que me vou, herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou. Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín; lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min, miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar;
Xa se oien lonxe, moi lonxe, as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño, nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo... ¡Miña terra, ¡adios!
Adios tamén, queridiña... ¡Adios por sempre quizais!
Dígoche este adios chorando desde a beiriña do mar
Adiós, ríos, adios fontes, adios regatos pequenos
adios vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos
miña terra, terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei
Non me olvides, queridiña, si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡meu lar!
Non me olvides, queridiña, si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña!,¡m
credits
from Rapoemas, released June 1, 2012
Lyrics: Classic poem, Rosalía de Castro
Instrumental: 12pros
Adaptation: Aida Alonso Iglesias
Álbum: Rapoemas-Aid
Tema: 11
Ano: 2012