A emigración:

 

Cando nas noites de luar caladas 

via unha estrela pol-o ceo correr, 

decia miña nay, cas maus direitas, 

Dios te guíe, Dios te guíe con ben! 

Dende enton, cando vexo que un gallego 

a terra deixa onde infelis nacéu, 

y achego busca noutras prayas, digo: 

Guíete Dios, tamen. 

Non-o culpo, coitado, non-o axo, 

Non pido pragas nin castigos pra él 

Nin de que é dono de coller me esquezo 

Pra onde lle conviñer. 

Que aquel que deixa seu natal curruncho 

E fóra d'os seus eidos pon os pés, 

Cando troca o seguro poI-o incerto, 

Motivos ha de ter! 

 

Qué lle ofrecedes na nativa terra 

Ese que á cruzar vay mares de fel? 

Resinacion? Con ela non se come... 

Fe? Non lle basta a fe! 

 

Pregúntalle e diravos que sin rego 

o milleiral, o lume sin cardés, 

sin herba o gando e sin traballo o home 

non se poden manter. 

diravos, sí, que e pouco canto gana 

par as arcas do señor e par as do rei, 

fai un mes que non comen cousa quente 

os fillos y a muller. 

E diravos que porque duns destrales 

mercou nunha ocasión uns poucos bes 

xuroulle o crego non lle dar sagrado 

si chegar a morrer. 

I haivos de decir que alá moy lonxe, 

alén do mar que o vai tragar tal ves, 

si libertad, si pan non logra, santa 

tumba terá xiquer. 

Quén sódes vós, chorosos niquitates, 

ruís louvadores dun poder cruel 

que as alas de ouro dun esprito libre 

agrilloar querés? 

Por virtú de cal próvida promesa, 

en nome de qué Dios, nin de qué lei 

querés que aquél que á morte condenastes 

non fuxa, si pudér? 

 

Qué lle ofrecedes na nativa terra 

Ese que á cruzar vay mares de fel? 

Resinacion? Con ela non se come... 

Fe? Non lle basta a fe! 

 

Correde o velo que a Xusticia encubre 

dáille traballo, libertá, saber 

non é dina dos osos de seus fillos 

pátria que os non mantén. 

Dicen que como o Miño, o noso povo 

na terra donde nace quér morrer, 

pero o sono do río é sosegado 

Io deste nono é. 

O río ten un leito mulidiño, 

perfumado de rosas é cravés 

tamen tiña outro o povo, máis vendéronllo 

vendéronllo i agora non-o ten. 

Deixaino que o adiquira donde poida 

deixade ao gafo Xob co fol á res 

buscar o muladar onde se espiolle, 

sanará Pode ser. 

A civilizacion i as anduriñas 

de unhas terras pra as outras van e ven, 

querer que non emigren e matalas, 

o mesmo ven a ter.


Álbum: Rapoemas-Aid

Tema: 7

Ano: 2012