Aerolíneas Federales é un grupo musical formado en Vigo en 1981 por Miguel Costas, Flechi e Silvino. Nos seus inicios traballaban con guitarra, baixo e caixa de ritmos. A partir de 1983 incorpórase ao grupo un batería e Flechi pasa a ser cantante da Banda. Flechi abandona a banda para liderar As termitas., e morreu dun infarto en Londres no ano 2002.
A seguinte formación está composta por Miguel Costas, Silvino, Luís, Coral e Rosa, realizando cancións con guitarras potentes e letras divertidas e nalgúns casos surrealistas.
Coral desapareceu e foi substituída por Silvia; Miguel Costas acabou índose tamén; o grupo completo desapareceu a mediados dos 90, logo dunhas colaboracións no programa Xabarín Club, da televisión de Galicia. Miguel Costas formou o grupo Os Feliz, mentres que Silvia engadiuse Superstar e foise ás Killer Barbies.
Na primavera do ano 2011 a banda reuniuse novamente para realizar dous concertos en Lima, e no mes de novembro confirmaron unha nova actuación en Barcelona.
LPs en galego:
A cantar con Xabarín. Vol I (1994)
A cantar con Xabarín. I e II (1994)
A cantar con Xabarín. VI,VII (2004)
Letras e cancións:
Quero xamón!
Non todo é o que parece
Que calor!
Non teño diñeiro