adán jorge


Adán Jorge (Lugo, 1982) é un compositor e guitarrista que creceu influenciado pola música popular brasileira, a música de autor e o jazz.

O seu primeiro contacto cos escenarios desenvólvese nun grupo chamado "A pousada do fracaso" que alá polo ano 2000 realiza versións de Joaquín Sabina. Tras ese período comeza a formarse na guitarra tomando clases co prestixioso guitarrista Quique Azambuya.

Comeza a alternar actuacións nas rúas de Santiago e diversos locais galegos cun repertorio baseado nas versións de cantautores como Pedro Guerra, Serrat e clásicos da música popular brasileira.

É en 2013 cando grava o seu primeiro traballo de estudo, "Abundancia" (2013). En 2016 é seleccionado como finalista no prestixioso festival internacional de canción de autor "Abril para vivir" (Selecta) e grava o seu segundo disco directo "Nada queda", onde se mesturan estilos como o funky ou a bossa nova, ademais de incluír temas de carácter máis lírico e intimista conducidos por textos que profundan en emocións sinxelas da vida cotiá.



LPs:

Abundancia

(2013)

Nada queda

(2017)



Cancións e letras:

Quen puidera namorala

Desde que o samba é samba

Vem

Mambembe