A Carolina:

 

A saia da Carolina

Ten un lagarto pintado

Cando a Carolina baila

o lagarto dálle ó rabo

 

Bailaches, Carolina?

Bailei, si señor!

Dime con quen bailaches?

Bailei co meu amor

Bailaches, Carolina?

Bailei, si señor!

 

A Carolina é unha tola

Que todo fai o revés

Éspese pola cabeza

E vistese polos pés

 

O señor cura non baila

Porque tén unha coroa

Baile, señor cura, baile

Que Deus todo llo perdoa

 

No curro da Carolina

Non entra carro pechado

Namais entra Carolina

Co seu cocho polo rabo

 

Bailaches, Carolina

 

Co meu amor Carolina

Non volvas a bailar

Porque che levanta a saia

 

e e moi mala de baixar