a subela


É ben coñecido o interese da Sociedade Liceo de Noia pola música popular galega.

Son xa moitos os mozos e mozas, e varios os monitores, que algún día formaron parte do grupo. Este esforzo de todos, naturalmente, deu os seus froitos: hoxe o Liceo posúe unha grande escola á que acoden máis de sesenta persoas de todas as idades. Esta escola foi o berce onde nos anos oitenta abrollou o grupo A Subela, cun nome moi ligado á tradición zapateira de Noia.

O grupo ten participado en multitude de festivais, romarías e concursos, e ten interpretado concertos. Tamén editou un traballo discográfico chamado "A Subela": un traballo madurado ao sol do esforzo continuado, sen présa pero sen pausa, como maduran as boas froitas, día a día.

Como en todo traballo artístico de calidade, quedan atrás horas e horas de ensaio, de renuncia a outras actividades de lecer. Neste traballo callan anos dedicados á investigación, á recollida de cantigas, xeitos e músicas para que as saboreemos nós e as xeracións vindeiras, para que non desaparezan na escura noite do tempo.



LPs en galego:

A subela

(2011)