Pousa, pousa:

 

Fun a taberna do meu compadre,

fun polo vento e vin polo aire, (bis)

e como é cousa de encantamento

fun polo aire, vin polo vento. (bis)

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.(bis)

 

Murmuraban as miñas veciñas

que eu andaba co crego nas viñas. (bis)

Iso é verdade, eu non o nego

que eu andiven ás loitas co crego. (bis)

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.(bis)

 

Cando me case xa teño un galo,

xa miña nai non me ten que dalo. (bis)

Cando me case xa teño un polo

xa miña nai non me ten que dar todo. (bis)

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.(bis)

 

A miña casa non quero que veñas

Sempre me fodes nunca me preñas. (bis)

Seique non podes, seique non sabes

Seique perdiche-las habilidades. (bis)

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.(bis)

 

Enriba dunha cascada

había unha vella lavando a paxara, (bis)

e un vello que andaba quente

fixo unha palla e morreu de repente. (bis)

 

E pousa, pousa, pousa

e non me toques naquela cousa.

E pousa, pousa axiña

e non me toques naquela cousiña.(bis)


Álbum: A Roda

Tema: 2

Ano: 1977


Álbum: A Roda Rodando

Tema: 7

Ano: 1993