Fun ó muíño:
Moendo, moe que moe
moendo, moe que moe
unha mañán de xeada.
Moendo moe que moe
moendo moe que moe
esa si que e muiñada.
Fun o muíño da miña comadre,
fun polo vento e vin polo aire;
estas son cousas de encantamento
ir polo aire e vir polo vento.
(Bis)
Díos cho pague, pague, churrusqueira,
téñocho que agradecer-e
cando vou, cando vou o teu muíño
sempre me deixas moer-e
sempre me, sempre me, deixas moer-e,
Díos cho pague churrusqueira.
Que che cae o cu,
que che cae o cu,
Manuela,
que che cae o cu,
que che cae o cu
na patela,
que che cae o cu
que che cae o cu,
Manoliño
que che cae o cu
que che cae o cu,
no muíño,
no muíño,
na patela
ai Manuela
ai Manoliño.
Álbum: Os quintos
Tema: 9
Ano: 1995