Foliada do Celta:
Dixolle o sobriño o tío,
ó entrar en Balaidos,
díxolle o sobriño o tío,
si ganámolo domingo,
fágoche socio de Río,
fágoche socio de Río,
fágoche socio de Río,
ó entrar en Balaidos,
díxolle o sobriño ó tío.
Sempre andas dicindo pro ano que ven,
e chega outro ano, e pasa tamén,
e pasa tamén, e pasa tamén,
sempre andas dicindo pro ano que ven.
Dixéronlle o Presidente,
os de Tribuna cuberta,
dixéronlle o Presidente,
pra temporada que ven,
temos que cambiar de xente,
temos que cambiar de xente,
temos que cambiar de xente,
os de Tribuna cuberta,
dixéronlle ó Presidente
Sempre andas dicindo pro ano que ven,
e chega outro ano, e pasa tamén,
e pasa tamén, e pasa tamén,
sempre andas dicindo pro ano que ven.
Foron os de Marcadores,
os que mais se cabrearon,
foron os de Marcadores,
que pedían a cabeza
do sr. entrenador,
do sr. entrenador,
do sr. entrenador,
os que máis se cabrearon,
foron os de Marcadores.
Sempre andas dicindo pro ano que ven,
e chega outro ano, e pasa tamén,
e pasa tamén, e pasa tamén,
sempre andas dicindo pro ano que ven.
Son os que nunca protestan,
os de Gol e Xeneral,
son os que nunca protestan,
como están tan separados
nunca se enteran da festa,
nunca se enteran de festa,
nunca se enteran da festa,
os de Gol e Xeneral,
son os que nunca protestan
Sempre andas dicindo pro ano que ven,
e chega outro ano, e pasa tamén,
e pasa tamén, e pasa tamén,
sempre andas dicindo pro ano que ven.
Son os que forman o lío,
os que tiran almohadillas,
son os que forman o lío,
os que tiran almohadillas,
son os de Grada de Río,
son os de Grada de Río,
son os de Grada de Río,
os que tiran almohadillas,
son os que forman o lío.
Sempre andas decindo pro ano que ven,
e chega outro ano, e pasa tamén,
e pasa tamén, e pasa tamén,
sempre andas decindo pro ano que ven. (bis)
Álbum: Falemos galego
Tema: 1
Ano: 1979
Álbum: A Roda Rodando
Tema: 12
Ano: 1993
Álbum: R.C.Celta-A Roda
Tema: 3
Ano: 1999