Cantigas do viño:

 

Bota viño do ribeiro,

taberneiro bota viño, bota viño do ribeiro

que en Galicia pra cantare, temos que beber primeiro,

temos que beber primeiro,

Ai elelo, ai elalo.

 

O viño do ribeiro eu non sei que lle fan,

que canto máis del bebes máis ganas del che dan,

máis ganas del che dan, (bis)

O viño do ribeiro eu non sei que lle fan.

 

Ribeira, ribeira sacra, ai ribeira do meu amor-e, (bis)

O viño da ribeiriña conquistoume o corazón-e (bis)

 

Na ribeira sacra o viño tamén

ten sona de abondo, ten un eu non sei que

ten un eu non sei que, (bis)

na ribeira sacra o viño tamén.

 

O viño de valdeorras e viño que fai cantar-e

se bebes moito de noite sábeche pola mañan-e

sábeche pola mañan-e.

 

O viño de Valdeorras delicias do corazón.

Se bebemos un groliño cantaremos a seu son

cantaremos a seu son, (bis)

O viño de valdeorras delicias do corazón.

 

Bebín un viño albariño por ver si me consolaba (bis)

I o viño, como era novo, i o viño

I o viño como era novo o ilo a beber choraba (bis)

 

Beber albariño que bonito e

que nas rías baixas orgullo che e

orgullo che e, (bis)

Beber albariño que bonito e.

(bis)


Álbum: Onde Galicia é Portugal

Tema: 10

Ano: 1998