A filla:
Mireille pra cara
soio tiña un dente.
Parecía o demo
en forma de xente. (Bis)
E collína por un brazo
e leveina xunto a súa nai,
eiqui ten, eiqui ten a súa filla
que non sabe facer nada,
non fai máis que chorar,
Un pouquiño abaixo
mireille o ombrigo.
Un niño de porcos
que ela había tido. (Bis)
E collína por un brazo
e leveina xunto a súa nai,
eiqui ten, eiqui ten a súa filla
que non sabe facer nada,
non fai máis que chorar,
Un pouquiño abaixo
mireille o pipí.
Que bonitas cordas
pra meu violín. (Bis)
E collína por un brazo
e leveina xunto a súa nai,
eiqui ten, eiqui ten a súa filla
que non sabe facer nada,
non fai máis que chorar. (Bis)
Álbum: A Roda
Tema: 8
Ano: 1977