Rebola:

 

Rebola bola, vosté dis, 

que dis, que deu. 

Vosté dis, que deu na bola, 

pero na bola non deu. (bis)

 

Mais dos homes desta terra, 

queren todos ter traballo. 

Mentras os capitalistas, 

gozan véndonos parados. 

 

Rebola bola, vosté dis, 

que dis, que deu. 

Vosté dis, que deu na bola, 

pero na bola non deu. (bis)

 

Moitos falan o galego, 

con finura porque mola. 

Mais pra falalo con xeito, 

hai que mamalo na escola. 

 

Rebola bola, vosté dis, 

que dis, que deu. 

Vosté dis, que deu na bola, 

pero na bola non deu. (bis)

 

Tráennos a carne de fóra, 

negocio dunhos larpeiros. 

E o que teña bos becerros, 

que os enterre no palleiro.

 

Os deputados galegos, 

sonche moi ben educados. 

Falan moi ben nesta terra, 

e en Madrí están calados. 

 

Rebola bola, vosté dis, 

que dis, que deu. 

Vosté dis, que deu na bola, 

pero na bola non deu. (bis)

 

Esta vai por despedida, 

esta vai pros governantes. 

E se non queren marchare, 

habémolos botar antes. 

 

Rebola bola, vosté dis, 

que dis, que deu. 

Vosté dis, que deu na bola, 

 

pero na bola non deu. (bis)

 

Rebola o pai, rebola a nai, 

rebola a filla. 

Eu como son da familia, 

tamén quero rebolar.


Álbum: Maise

Tema: 2

Ano: 2013