Muiñeira da Laxeira:
Miña nai miña naiciña
coma miña nai ningunha,
que me quentou a cariña
co caloriño da súa.
Heiche de toca-las cunchas
miña carrapucheiriña,
heiche de toca-las cunchas
naquela corredoiriña.
Andivécheste alabando
que te quería o ghaiteiro,
o ghaiteiro non te quere
se non te monta primeiro.
Alá vai a despedida
por riba dunha peseta,
aghora non canto máis
que teño a gharghanta seca.