Foliada dos mariñeiros:

 

Para ser bo mariñeiro (bis)

tres condicións hai que ter,

coñecer o mar e os barcos

e non ter medo a morrer. (bis)

Ai alelo, ai alalo.

 

Eu son mariñeiro da beira do mar

teño unha lanchiña para navegar,        

para navegar, para navegar

eu son mariñeiro da beira do mar. 

 

Fun dende Vigo a Moaña (bis)

remando nunha lanchiña,

vin pasar o berberecho 

atrás da berberechiña. (bis)

Ai alelo, ai alalo.

 

Eu son mariñeiro da beira do mar

teño unha lanchiña para navegar,       

para navegar, para navegar

eu son mariñeiro da beira do mar. 

 

Arrimadiño a unha pena (bis)

púxenme a considerar,

os traballiños que pasa

o mariñeiro no mar. (bis)

Ai alelo, ai alalo.

 

Eu son mariñeiro da beira do mar

teño unha lanchiña para navegar,      

para navegar, para navegar

eu son mariñeiro da beira do mar. 


Álbum: Vai de baranda

Tema: 5

Ano: 2010